Monday 06 de May de 2024

Últimos días para inscribirse no curso de tramitación en liña


 

Organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Ordes, terá lugar o vindeiro 24 de xullo na Casa da Cultura. Inscricións ata o 22 de xullo

Últimos días para apuntarse nos curso de tramitación en liña. Aquelas persoas residentes en Ordes interesadas en participar terán como data límite para poder facelo ata o vindeiro luns, 22 de xullo. O dito curso terá lugar na Casa da Cultura o próximo mércores, 24 de xullo. Para formalizar a súa inscrición deberán facelo no primeiro andar do Concello, nos departamentos de Educación e Cultura, ou ben chamando ao 981680002 .

O dito curso vai dirixido ao público xeral. Persoal da Deputación da Coruña impartirá contidos básicos englobados no nivel de iniciación. En total ofértanse 30 prazas, as cales serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.